Lingua Galega

Páxinas de interese

Escrito por humbertolengua 22-11-2012 en General. Comentarios (0)

Unha páxina sobre toponimia de Vigo:

http://toponimiavigo.blogaliza.org/

Dicionarios

Escrito por humbertolengua 07-11-2012 en General. Comentarios (0)

A continuación poño uns dicionarios, cos seus enlaces, que vos poden ser de utilidade:

 

Dicionario da Real Academia Galega. Inclúe a definición das palabras:

http://www.realacademiagalega.org/dicionario#inicio.do

 

Traductor da Universidade de Vigo. Traduce do galego ó castelán e viceversa palabras e incluso textos, pero neste último caso con moitos erros:

http://sli.uvigo.es/tradutor/

 

Dicionario de galego, Digalego. Non da acceso a todos os contidos, para acceder a algúns hai que estar rexistrado na páxina:

http://www.digalego.com/

A segunda forma do artigo

Escrito por humbertolengua 26-04-2011 en General. Comentarios (1)

Os artigos en galego son o, a, os, as. Vexámolos nuns exemplos: o rapaz, a nena, os coches, as rapazas.

Sen embargo estas formas teñen unha segunda forma ( é dicir, outra forma distinta destas) que se pode empregar nalgúns casos.

Esas segundas formas son: lo, la, los, las.

A segunda forma do artigo emprégase nos seguintes casos:

  • Con guión (úsase o guión para non confundilo cos pronomes persoais átonos que tamén poden ir despois destas palabras):

Ø  Despois dos verbos rematados en –r ( é dicir, dos infinitivos) e dos verbos rematados en –s. Por exemplo: prepara-lo xantar, facémo-los exercicios.

Ø  Despois dos pronomes tónicos nós e vós se van seguidos dun numeral. Por exemplo: Nó-los catro, vó-los dous traballades pouco.

Ø  Despois dos pronomes átonos nos, vos, lles. Por exemplo: Estragóuseno-lo coche, non lle-lo dixo.

Ø  Despois do adverbio interrogativo “u”. Por exemplo: U-los nenos?

  • Sen guión:

Ø  Despois das palabras e expresións: ambos/as, entrambos/as, todos/as, e mais, por, tras. Por exemplos: ámbolos dous traballades moito, tódolos días fago deporte, el e mailo seu irmán, está trala casa…

 

A segunda forma do artigo é obrigatoria despois do adverbio “u” e mais da preposición “por”, nos demais casos pódese facer ou non.

Como se pode ver nos exemplos anteriores, cando facemos a segunda forma de artigo a palabra anterior perde o –r ou o –s final. Por exemplo: preparar o xantar-----prepara-lo xantar, ambos os dous----ámbolos dous.

As palabras que levan a segunda forma do artigo compórtanse en canto á acentuación como se fosen unha palabra soa: Xa mercáche-lo coche ( ó levar a segunda forma do artigo convírtese en palabra esdrúxula e, polo tanto, leva til).

A voz pasiva

Escrito por humbertolengua 03-04-2011 en General. Comentarios (0)

A VOZ PASIVA

A voz pasiva é unha característica dos verbos que serve para formar oracións en voz pasiva.

A voz pasiva é de fácil construcción:

Faise co verbo “ser” conxugado no tempo correspondente e  engádeselle o participio do verbo correspondente. Por exemplo:

3ª pers.s.pret.perf. de indicativo do verbo chamar

-poñemos o verbo “ser” no tempo correspondente (3ª pers.s.pret.perf.)

Foi

-poñemos o participio do verbo conxugado:

Chamado

Polo tanto:

Foi chamado

 

Emprego dos pronombres persoais TE e CHE

Escrito por humbertolengua 07-03-2011 en General. Comentarios (4)

Emprego dos Pronomes Persoais Átonos de 2ª persoa Te e Che en galego.

Hai un pequeno truco para saber cando debemos empregar os pronomes persoais átonos de 2ª persoa Te e Che.

O truco é o seguinte:

Pasamos a oración a 3ª persoa do singular feminino. Se na 3ª persoa empregamos as formas "a, la, na, se", na 2ª persoa empregaremos "te"; se na 3ª persoa empregamos "lle", na 2ª teremos que empregar "che". Vexamos un exemplo:

Chamei_____ onte ( non sabemos se debemos usar "te" ou "che")

Pasamos a oración a 3ª persoa do sing.femin.:

Chameina onte

Na 3ª p.s.f. empregamos "na", polo tanto na 2ª pers. teremos que empregar "te":

Chameite onte.

 

Vexamos outro exemplo:

Non _____ dixen nada ( non sabemos se debemos usar "te" ou "che")

Pasamos a oración a 3ª persoa do sing.femin.:

Non lle dixen nada

Na 3ª p.s.f. empregamos "lle", polo tanto na 2ª pers. teremos que empregar "che":

Non che dixen nada