Lingua Galega

A segunda forma do artigo

Os artigos en galego son o, a, os, as. Vexámolos nuns exemplos: o rapaz, a nena, os coches, as rapazas.

Sen embargo estas formas teñen unha segunda forma ( é dicir, outra forma distinta destas) que se pode empregar nalgúns casos.

Esas segundas formas son: lo, la, los, las.

A segunda forma do artigo emprégase nos seguintes casos:

  • Con guión (úsase o guión para non confundilo cos pronomes persoais átonos que tamén poden ir despois destas palabras):

Ø  Despois dos verbos rematados en –r ( é dicir, dos infinitivos) e dos verbos rematados en –s. Por exemplo: prepara-lo xantar, facémo-los exercicios.

Ø  Despois dos pronomes tónicos nós e vós se van seguidos dun numeral. Por exemplo: Nó-los catro, vó-los dous traballades pouco.

Ø  Despois dos pronomes átonos nos, vos, lles. Por exemplo: Estragóuseno-lo coche, non lle-lo dixo.

Ø  Despois do adverbio interrogativo “u”. Por exemplo: U-los nenos?

  • Sen guión:

Ø  Despois das palabras e expresións: ambos/as, entrambos/as, todos/as, e mais, por, tras. Por exemplos: ámbolos dous traballades moito, tódolos días fago deporte, el e mailo seu irmán, está trala casa…

 

A segunda forma do artigo é obrigatoria despois do adverbio “u” e mais da preposición “por”, nos demais casos pódese facer ou non.

Como se pode ver nos exemplos anteriores, cando facemos a segunda forma de artigo a palabra anterior perde o –r ou o –s final. Por exemplo: preparar o xantar-----prepara-lo xantar, ambos os dous----ámbolos dous.

As palabras que levan a segunda forma do artigo compórtanse en canto á acentuación como se fosen unha palabra soa: Xa mercáche-lo coche ( ó levar a segunda forma do artigo convírtese en palabra esdrúxula e, polo tanto, leva til).

Comentarios

Faltan cosas ¿Valee?

Añadir un Comentario: